Amosando publicacións coa etiqueta Comentario de Obra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comentario de Obra. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de outubro de 2012

Venus de Gnido

Identificación.

Título: Venus de Gnido ou Afrodita de Gnido.
Autor: Praxíteles.
Tipoloxía: Escultura.
Cronoloxía da Obra: 350 a 340 a. c.  
Localización: Museos Vaticanos.
Cultura: Grecia Antiga.
Período: Período Posclasicismo.

Análise Formal.

Temática: Representación dunha divindade, Afrodita, saíndo do Baño.
Material: Mármore.
Dimensións: 1,90 metros.

Características.

Praxiteles é un artista refinado é sutil na elaboración das súas obras. Na que se ve unha clara influencia de Fidias nas forma de expresar as súas formas e na súa temática olímpica (principalmente mitolóxica) e das representacións atléticas. Pero o tratamento do mármore, propio de Praxíteles,  fai que as figuras se humanicen e gañen en graza e elegancia. As obras de Praxítles son concibidas cun alto grao de hedonismo e, o mesmo tempo, na función de servizo ó culto relixioso. Ese hedonismo percíbese en que os seus deuses adoptan actitudes indolentes e os seus corpos describen curvas suaves, pero tamén na actitude da figura, especialmente na representación feminina: xa que é a primeira ocasión na que a muller aparece representada de forma espida. No caso da representación masculina ese hedonismo percíbese máis pola posición da figura e a forma que describe o seu corpo. Esta completase cun tratamento psicolóxico, a través dunha expresión melancólica,  graciosa e, en certa medida, indolente. Todo isto potenciase co usa dunha mirada perdida: na que o personaxe principal  ou central sempre mira a algo ou alguén, que nos descoñecemos.
A voluptuosidade desas figuras danlle un alto grao de sensualidade. Plasticamente son figuras que aman os corpos xuvenís e as posturas lánguidas, que contribúe a delicadeza coa que esculpe os músculos, resaltado polo tratamento de cera e os pintores como Niceas, que completan a estatua. Todos estes elementos acentúan o concepto de idealización propio da cultura grega.
Esta tendencia cara o hedonismo é acentuada cunha das invención de Praxiteles: a curva praxíteliana, na que o corpo forma unha suave “S”.O corpo arquease lixeiramente  e apoiase en algo exterior a figura, debendo dobrar unha perna para apoiarse fortemente na outra, o que determina un saínte na cadeira. Esta curva permítelle potenciar. Outra das características de Praxíteles é o alongamento do Canon creado por Policleto, conseguindo que as figuras gañen en unha representación máis esvelta.
Esta escultura destaca primordialmente, non pola representación do seu tema, que é a representación de Afrodita saíndo do baño, senón porque é a primeira ocasión na que se representou a figura feminina desnuda. Isto é toda unha innovación dentro da mentalidade grega, e da que foi precursor Praxíteles, ningún outro artísta se atreveu antes a facelo, pero tras el toda unha serie de escultores continuaran isto.