venres, 30 de marzo de 2012

Hai que ir cambiando o que sabedes sobre a Gioconda

Pois parece que a cronoloxía da Gioconda cambiou, segundo o criterio establecido polo comite de Sabios do Louvre, que agora datan a obra entre 1503 e 1519. Votadelle unha vista o artigo do pais.

martes, 27 de marzo de 2012

Dous enlaces interesantes.

Nos seguintes enlaces aparecen dúas novas interesantes para historia da arte. No primeiro artigo, que trata sobre un boceto dos xogadores de Cartas, vemos a venta dun boceto polo valor de 15 millóns de euros. No segundo enlace, que trata sobre Leonardo,comentanos a visita da copia do museo do Prado, que se traslada a París.

domingo, 25 de marzo de 2012

Apunte sobre o Románico

Agora mesmo non encaixa moito, no que estamos tratando, pero é interesante. Este enlace, que vos poño a continuación, lévavos a unha mapa sobre o Románico en España. Mapa sobre o Románico Español. http://www.arquivoltas.com/Arquivoltas.htm

Antonio Gaudí.

Un dos autores máis interesantes do Modernismo, e un dos arquitectos españois máis innovador de tódolos tempos. Os seus traballos son interesantisimos e a súa imaxinación foi moi prolifica, unica e adiantada o seu tempo. Se podedes votadelle unha ollada a súa biografía, que é moi interesante.
Antonio Gaudí

Modernismo

O modernismo é unha corrente artistica, que aparece por toda Europa, como reacción á racionalización e fabricación en serie das novas construcións e produtos. Eles pretenden facer unha arquitectura unica e moderna. Entre os seus difusores, teñen diferentes nomes: Art Nouveau (Francia), Modern Style (Reino Unido), Jugenstil (Alemaña) e Modernismo (España). Esta non só se aplica a arquitectura, aínda que aqui gozou de maior importancia. Temos unha pequena serie de exemplos para que poidades velos.
Modernismo

Cézanne

Outra pequena selecion de obras para que poidades ver. Acordadevos en Selectividade entra, por lista, Natureza Morta con Tarteira. Xa sabedes que non é a miña favortita, pero é o que hai.
Cézanne

Gauguin

Na seguinte seleción de imaxes, podemos atoparnos con algunhas das obras máis representativas de Gauguin.
Gauguin

mércores, 14 de marzo de 2012

Van Gogh

Este carismatico pintor, xenio e tolo o mesmo tempo, realizou algunhas das obras postimpresionistas máis sorprendentes.
Van Gogh

Visión de Roma en 3D

Sei que non é moi acorde co que estamos tratando, pero acabo de velo e pareceume interesante.

Rome Reborn 2.2: A Tour of Ancient Rome in 320 CE from Bernard Frischer on Vimeo.

domingo, 11 de marzo de 2012

O Impresionismo

A continuación aparecen toda unha serie de imaxes sobre a escultura e pintura impresionista. Destaca, especialmente en escultura, Rodin, coas súas obras: "O pensador" e "o Bico". No caso da Pinturá destaco a catro grandes autores: Manet, Monet, Renoir e Degas. Xa os analizaremos máis polo muido a cada un de eles.
Impresionismo

sábado, 3 de marzo de 2012

Cuestión sobre os apuntes.

No lado esquerdo aparecen os apuntes tanto do realismo, Romanticismo e Neoclásico. Son os mesmos que entreguei en clase.

Realismo

O terceiro movemento artístico do século XIX é o Realismo. Unha tendencia artística que se manifesta esencialmente na pintura e na literatura (Zola, Dickens, etc.) Esta caracterizase por unha nova temática que nos presenta a realidade social e económica da sociedade.
Entre os artistas máis importantes atopamos Courbet, Millet e Daumier. Os seus temas critican e analizan o mundo no que viven, pero estilisticamente diferencianse pouco do mundo romántico.
Realismo

Romanticismo

Dentro do Romanticismo podemos atopar tres grandes escolas pictoricas: Francesa, representada por Gericault e Delacroix. Inglesa, representada por Constable e Turner. Alemana, no que destaca Friedrich.
Romanticismo

Neoclásico

Existe unha gran variedade de artistas no Neoclásico, pero sen dubida o máis importante foi Jacques Louis David. Neste destacan as seguintes obras
Neoclasico