mércores, 17 de outubro de 2012

O Doriforo de Policleto




 Identificación.

Título: O Doriforo ou O portador da lanza.
Autor: Policleto.
Tipoloxía: Escultura orixinal en Bronce, copia romana en mármore.
Cronoloxía da Obra: 450-440 a. c.
Localización: Museo Nacional de Nápoles.
Cultura: Grecia Antiga.
Período: Clasicismo Pleno.

Análise Formal.

Temática: Representación da figura dun atleta que porta unha lanza.
Material: Orixinal en bronce e copia romana en mármore.
Dimensións: 1.99 m.

Características.

Policleto naceu en Sicione, a súa vida estipulase que durou entre o 480 - 420 a.C. Policleto y Mirón son considerados los promotores del arte clásico que se desenvolve en Grecia no século V a.C. Alumno de Agéladas, considerase o inventor do contraposto en escultura. A su produción é en bronce o tema más frecuente o de atletas. De entre as súas obras destaca el Doriforo, que coñecemos a través de copias romanas en mármore e que destaca pola súa equilibrada composición e as proporcións reguladas por un canon que el mesmo estableceu (o dedo índice). Harmonía, simetría e ritmo tamén aparecen na súa obra Diadúmeno, coñecida por unha copia helenística que se conserva no Museo Nacional de Atenas. Destacou tamén como un gran teórico con seu tratado “Kanon”, na que explica que a beleza humana está na proporción, a medida e o número.
O Doriforo” representa a un home, na súa época de esplendor físico, representado espido, como é normal dentro da escultura grega. A obra é considerada como unha das obras de plenitude do mundo clásico, pese o cal sigue mantendo certos elementos de arcaísmo. Un deses primeiros elementos é que en realidade abandona a lei da frontalidade arcaica, segue mantendo unha posición que a favorece xa que a escultura esta feita para ser vista de fronte. Isto vese na existencia dun claro eixo vertical, pero Policleto intentou romper ese eixo contrapoñendo as partes do corpo dese eixo. Ambos lados da escultura presenta características diferentes, pero a cadansúa parte ofrece harmonía e beleza.Mentres o lado dereito da figura ofrece unha sensación de repouso, grazas a continuidade desa liña vertical, que vai dende a perna que soporta o peso da figura ata o brazo en posición relaxada. En cambio no lado esquerdo presenta o movemento potenciado polo brazo flexionado e a perna retrasada.
A representación da figura, recorda moito a postura dos Kouroi (aínda que o movemento é moito máis realistas). Adianta unha das pernas, mentres que a segunda permanece retrasada. Pero o mesmo tempo, presenta unha clara alteración do esquema convencional que se daba nos Kouroi. A posición dos brazos é o primeiro elemento que rompe co esquema do Kouros.
A figura anatomicamente falando presenta unha composición arcaica: pectorais planos sen apenas relevo, as cinturas e as cadeiras están perfectamente marcadas. Policleto intentou realizar unha análise anatómico completo, pero no que se percibe un alto grao de idealización. Isto leva a que a figura non sexa completamente realista. Pese o cal os seus contemporáneos consideraban a esta obra como o modelo de proporcións perfectas do ser humano, e a manifestación practicado sistema de proporción estipulado no seu Kanon ou Canon. Na súa manifestación teórica das proporcións humanas, establece que unha parte do corpo debe servir de modelo as demais. Policleto usaba o cabeza para analizar a altura total do corpo, segundo a súa teoría a altura total da figura representa 7 veces a altura da cabeza. O escultor chegou a realizar un libro onde analiza tódalas súas teorías sobre a medida e proporción, pero desafortunadamente non se conserva na actualidade ningunha copia. Aínda que non se chegou a ningunha conclusión sobre as proporciones do canon, parece ser que a unidade de medida era el dedo. A cabeza é a sétima parte do corpo; o rostro está dividido en tres partes iguales: a fronte, a nariz e a distancia desta ó mentón; o pe é tres veces a palma da mano; do pe á rodilla, seis palmos, da rodilla ó centro do abdome, seis palmos; o arco torácico e o pregue da ingle son arcos dun mesmo círculo. A beleza tradúcese na beleza e a proporción.
O contraste por un lado do torso contraído e polo outro do estendido da ó corpo un aspecto de dinámico equilibrio moi diferente á simetría estática dos kuroi, cuios lados dereito e esquerdo son basicamente reflexos exactos dun no outro. A alternancia dos membros tensos e relaxados combinada cun torso amoldable  denominase contrapposto. E un recurso que foi utilizado en moitas ocasións ó longo da historia del arte, por ser tan útil para infundir un sentido de vitalidade as figuras feitas de pedra, de bronce ou ben pintadas. A inclinación cara a dereita da cabeza do Doríforo dálle o toque final á estatua; describe unha suave curva en forma de "S" invertida, sistema moi apreciado no período gótico e utilizado para conferir harmonía ás estatuas da Virxe. Dita inclinación mellora o perfil da estatua.

martes, 16 de outubro de 2012

A Ménade de Scopas



Identificación.

Título:A Ménade  ou A Ménade Danzante.
Autor:Scopas ou Escopas.
Tipoloxía: Escultura en bulto redondo.
Cronoloxía da Obra340 a. c.
Localización: Museo Ablbertium de Dresde (Alemaña).
Cultura: Antiga Grecia.
Período:Postclasicismo.

Análise Formal.

Temática:Representación dunha Ménade, muller que participa nas festas en honor a Dionisos.
Material: Copia romana dunha talla orixinal de mármore.
Dimensións:As dimensións exactas son descoñecidas, debido a que a escultura esta mutilada, pero os restos conservados apenas superan os 50 cm.

Características.

Scopas foi xunto con Lisipo e Praxíteles os grandes escultores do século IV a. c. Scopas naceu en Paros, famosa polas importantes canteiras de mármore que se atopaban nela. Aquí foi onde Scopas comezou a ter contacto coa escultura e cos artistas. Pese a que a súa obra esta influenciada pola corrente ática da escultura, realizou traballos no Peloponeso e Asia Menor, o cal acabou influenciando na súa forma de representar a arte. Destacou especialmente polas esculturas que realizou no Museo de Halicarnaso. Pero o mesmo tempo, temos que ter en conta que foi un artista completo, xa que tamén se adicou a arquitectura, a decoración e o composición de elementos pictóricos e escultóricos (ou sexa fixo proxectos para grandes construcións).
Unha das peculiaridades de Scopas e o ser carácter ardente e atormentado, o que lle leva a realizar obras onde o compoñente tráxico esta moi presente. El é considerado como o introdutor do elemento pasional dentro da escultura grega, sendo un claro precursor do que vai acontecer dentro da corrente helenística. Isto conséguese mediante unha acentuación do movemento na figura, que esta moi presenta na Ménade, formando unha forma en espiral; pero tamén na elección do tema mediante composicións que pretenden representar un momento de tensión ou violencia. Todo isto acentuase mediante o tratamento que fai o autor da selección dos panos que visten a figura, a composición do rostro (que presenta unha sensación de exaltación e tensión) e a alborotada cabeleira.
En si, a obra de Scopas abandona os conceptos de Protagoras (o home é a medida de tódalas cousas), xa que a el preocúpalle a representación do Cosmos, como unha realidade nova, na que o ser humano é simplemente unha parte dela. A súa concepción "cósmica" lévalle a representación dun concepto máis teatral. Isto vese en moitas das súas obras, xa que as figuras humanas aparecen acompañadas de bestas ou elementos da natureza.
A ménade representa a unha "sacerdotisa" ou participante nos rituais dionisíacos. Este rituais representan todo unha serie de practicas (bailes, orxías, etc.) axitadas mediante o consumo de diferentes produtos, como o viño, que leva os seus participantes a un impulso frenético. Estes rituais representan unha oposición o mundo normal e civilizado da Polis. Grecia era unha sociedade claramente patriarcal, onde a muller esta recluída no Xineceo, e negáselle a participación na maioría das actividades publicas. Pero no caso das festas dionisíacas a muller ten un papel prioritario. Esta situación permítese por ser un acto sacro, na que o deus Dionisio remove a condición do mundo. Isto debe relacionarse coa dobre concepción do mundo grego: o apolíneo, que representa a razón e a lóxica propia das Polis e dos filósofos como Platón e Aristóteles; e o mundo dionisíaco, onde se poñen de feito os sentimentos, a paixón e a emoción da vida. Neste caso os rituais dionisíacos representan en realidade unha manifestación onde os participantes da festa reciben a enerxía vital da divindade. Dentro de esta concepción o mundo grego admite a coexistencia deste dous mundos, onde os dous se complementan, aínda que no mundo da representación artística ata agora deixábase de lado. Non debedes realizar todo este análise no comentario, o importante é o feito de que a Ménade de Scopas manifesta a representación dunha festa relixiosa onde os participantes, especialmente esta muller, arredase dos limites sociais da sociedade e a civilización, levándoa a un mundo irracional onde a paixón, os sentimentos e as emocións saen cara fora.
A figura representa a unha figura chea de erotismo e sensualidade, que se conxuga coa transparencia das roupas e a postura dese corpo semiespido. Unha das características típicas dentro das esculturas realizadas por Scopas.
A escultura foi pensada para ser vista de lado, dende onde apreciamos o amplo arco que se inicia na súa perna esquerda atrasada ata chegar o torso, e continúa cara a cabeza. A cabeza dobrase cara atrás ata o máximo que se permite a anatomía humana. A perna dereita avanza levando consigo a roupa que forma de pregaduras da roupa tan axitados, como os seus longos cabelos enmarañados. Todo isto reforza un movemento violento, que potencia a exaltación de violencia do momento. Acentuando ese sentimentalismo e esa paixón. Se observamos a escultura de fronte atopamos un forte escorzo, que permite ver como a cabeza esta xirada cara a esquerda, acentuando esa tensión.
Toda esta composición leva a creación dunha postura forzada, que parece provocada por un momento de convulsión dun corpo que esta en transo ou éxtase. Esta situación acentuase pola roupa da figura, que deixa a vista unha beleza esvelta e xuvenil: chea de vitalidade e movemento.
Scopas xoga con volumes rotundo, especialmente nas pernas, no trono, no pescozo e na cabeza. Esta voluptuosidade combinase cunha sinuosa liña de perfil, que conxuga a suave textura da carne coas arrugas producidas polas roupas e a súa alborotada cabeleira.
Una das características de Scopas foi o uso da luz dentro da escultura, a combinación de zonas perfectamente pulidas, por onde escorrega a luz, e as zonas da roupa, creando unha sensación de sombra, permítenlle fomentar ese dramatismo. Ese dramatismo alcanza o seu máximo desenvolvemento no rostro, volto cara riba e cunha mirada perdida cara o ceo (ou cara a divindade), que se manifesta a completa éxtase.
 Tamén foi considerado como o inventor da "expresión patética" na escultura. Esta é considerada como unha nova forma de representación na que a escultura, o sen

domingo, 14 de outubro de 2012

Hermes de Olimpia de Praxiteles.

Identificación.

Título: Hermes de Olimpia ou Hermes co neno Dionisos.
Autor: Praxíteles.
Tipoloxía: Escultura.
Cronoloxía da Obra:  350 a 340 a. c.
Localización: Museo de Olimpia.
Cultura: Grecia Antiga.
Período: Período Posclasicismo.

Análise Formal.

Temática: Representación da divindade na que aparecen os deuses Hermes e Dionisos, representado como un neno.
Material: Mármore.
Dimensións: 2,15 metros.

Características.

Praxiteles é un artista refinado é sutil na elaboración das súas obras. Na que se ve unha clara influencia de Fidias nas forma de expresar as súas fomras e na súa temática olímpica (principalmente mitolóxica) e das representacións atléticas. Pero o tratamento do mármore, propio de Praxíteles,  fai que as figuras se humanicen e gañen en graza e elegancia. As obras de Praxítles son concibidas cun alto grao de hedonismo e, o mesmo tempo, na función de servizo ó culto relixioso. Ese hedonismo percíbese en que os seus deuses adoptan actitudes indolentes e os seus corpos describen curvas suaves, pero tamén na actitude da figura, especialmente na representación feminina: xa que é a primeira ocasión na que a muller aparece representada de forma espida. No caso da representación masculina ese hedonismo percíbese máis pola posición da figura e a forma que describe o seu corpo. Esta completase cun tratamento psicolóxico, a través dunha expresión melancólica,  graciosa e, en certa medida, indolente. Todo isto potenciase co usa dunha mirada perdida: na que o personaxe principal  ou central sempre mira a algo ou alguén, que nos descoñecemos.
A voluptuosidade desas figuras danlle un alto grao de sensualidade. Plasticamente son figuras que aman os corpos xuvenís e as posturas lánguidas, que contribúe a delicadeza coa que esculpe os músculos, resaltado polo tratamento de cera e os pintores como Niceas, que completan a estatua. Todos estes elementos acentúan o concepto de idealización propio da cultura grega.
Esta tendencia cara o hedonismo é acentuada cunha das invención de Praxiteles: a curva praxíteliana, na que o corpo forma unha suave “S”.O corpo arquease lixeiramente  e apoiase en algo exterior a figura, debendo dobrar unha perna para apoiarse fortemente na outra, o que determina un saínte na cadeira. Esta curva permítelle potenciar. Outra das características de Praxíteles é o alongamento do Canon creado por Policleto, conseguindo que as figuras gañen en unha representación máis esvelta.

Esta escultura representa unha escena mitolóxica sobre o nacemento e infancia de Dionisos. Dionisos é fillo de Sémele –filla  de Cadmo, rey  de Tebas –e Zeus. Hera (muller de Zeus) tola de xenreira pola relación do seu home con Sémele, trama unha serie de feitos que propicien a morte da súa rival. Ela transfigurada na forma de Beróe, nodriza de Sémele, intenta negarlle que sexa o verdadeiro Zeus o seu pretendente. Hera maniféstalle, que Sémele lle pida a Zeus que se mostre na súa máxima gloria para demostrar que é o seu poderío. Sémele confundida, accede a petición de Hera, pídelle a Zeus iso: pero iso ten como consecuencia a morte da propia Sémele. Nese mesmo momento Zeus, dándose conta de que Sémele porta a un feto no seu ventre, sácao da súa nai antes de que morra e colócao na súa perna ata que sexa o momento do parto. Motivo polo cal Dionisos, naceu en dúas ocasións: unha sae do ventre da súa nai e na segunda da perna de seu pai. Sei, sinceramente que a historia parece o máis surrealista que podedes escoitar, pero existen toda unha chea de historias polo estilo dentro da mitoloxía grega, e por suposto noutras culturas similares, que vos deixarían coa boca aberta. Por certo, esta non é a única versión mitolóxica sobre o seu nacemento, pero é a menos truculenta. Pero volvamos a historia de Dionisos. Os problemas con Hera seguen presentes, e Zeus decide esconder a Dionisos pola súa propia protección, e para iso entrégallo en custodia a Hermes, para que o poña nun lugar fora da xenreira de Hera. Este preciso momento é o que nos conta Praxíteles. No enlace que figura a continuación déixovos unha enlace sobre a historia mitolóxica sobre Dionisos, para que a leades se vos apetece… aínda que é moi rara, son peores as historias do seu pai. Mitoloxía Dionisos (mirade nacemento e infancia).

Venus de Gnido

Identificación.

Título: Venus de Gnido ou Afrodita de Gnido.
Autor: Praxíteles.
Tipoloxía: Escultura.
Cronoloxía da Obra: 350 a 340 a. c.  
Localización: Museos Vaticanos.
Cultura: Grecia Antiga.
Período: Período Posclasicismo.

Análise Formal.

Temática: Representación dunha divindade, Afrodita, saíndo do Baño.
Material: Mármore.
Dimensións: 1,90 metros.

Características.

Praxiteles é un artista refinado é sutil na elaboración das súas obras. Na que se ve unha clara influencia de Fidias nas forma de expresar as súas formas e na súa temática olímpica (principalmente mitolóxica) e das representacións atléticas. Pero o tratamento do mármore, propio de Praxíteles,  fai que as figuras se humanicen e gañen en graza e elegancia. As obras de Praxítles son concibidas cun alto grao de hedonismo e, o mesmo tempo, na función de servizo ó culto relixioso. Ese hedonismo percíbese en que os seus deuses adoptan actitudes indolentes e os seus corpos describen curvas suaves, pero tamén na actitude da figura, especialmente na representación feminina: xa que é a primeira ocasión na que a muller aparece representada de forma espida. No caso da representación masculina ese hedonismo percíbese máis pola posición da figura e a forma que describe o seu corpo. Esta completase cun tratamento psicolóxico, a través dunha expresión melancólica,  graciosa e, en certa medida, indolente. Todo isto potenciase co usa dunha mirada perdida: na que o personaxe principal  ou central sempre mira a algo ou alguén, que nos descoñecemos.
A voluptuosidade desas figuras danlle un alto grao de sensualidade. Plasticamente son figuras que aman os corpos xuvenís e as posturas lánguidas, que contribúe a delicadeza coa que esculpe os músculos, resaltado polo tratamento de cera e os pintores como Niceas, que completan a estatua. Todos estes elementos acentúan o concepto de idealización propio da cultura grega.
Esta tendencia cara o hedonismo é acentuada cunha das invención de Praxiteles: a curva praxíteliana, na que o corpo forma unha suave “S”.O corpo arquease lixeiramente  e apoiase en algo exterior a figura, debendo dobrar unha perna para apoiarse fortemente na outra, o que determina un saínte na cadeira. Esta curva permítelle potenciar. Outra das características de Praxíteles é o alongamento do Canon creado por Policleto, conseguindo que as figuras gañen en unha representación máis esvelta.
Esta escultura destaca primordialmente, non pola representación do seu tema, que é a representación de Afrodita saíndo do baño, senón porque é a primeira ocasión na que se representou a figura feminina desnuda. Isto é toda unha innovación dentro da mentalidade grega, e da que foi precursor Praxíteles, ningún outro artísta se atreveu antes a facelo, pero tras el toda unha serie de escultores continuaran isto.