Identificación.
Título: Partenón de
Atenas.
Autor: Ictinos e Calícrates
como arquitectos, e Fidias como organizados do programa escultórico.
Tipoloxía: Templo de
Grecia Antiga.
Cronoloxía da Obra: 447 ó 432 a. C.
Localización: Acrópole de Atenas, menos una serie de esculturas (métopas, friso e frontón) que se
atopan no Museo Británico.
Cultura: Grecia Antiga.
Período: Período Clásico.
Análise Formal.
Temática: Templo en
honor da Deusa Palas Atenea.
Material: Mármore do
monte Pantélico.
Dimensións: Posúe
69.5 metros de longo, 30.9 metros de ancho, e as columnas posúen unha altura de
10.4 metros.
Características.
O templo esta conmemorado
a Deusa Palas Atenea. O nome de Partenón proven dunha das estancias do
edificio, o “parthenos”, Adyton onde se gardaba as ofrendas e tesouros para a
divindade. O templo foi construído na Acrópoles de Atenas para substituír a un
antigo templo, que fora destruído durante a II Guerra Médica. Este coñecese co
nome de Pre-Partenón ou Hecatopedón, do cal se
conserva apenas información.
Despois da vitoria dos Gregos
sobre os Persas produciuse o ascenso da Polis de Atenas, grazas a súa posición
preponderante durante a Guerra e a conformación da Liga de Delos, da cal Atenas
era a súa dirixente. Todo isto permitiulle erixirse como unha das máximas Polis
dentro do mundo helenístico, e para potenciar esa consideración a Polis decidiu
reconstruír a Acrópoles, cun gran programa urbanístico, que manifestase a
grandiosidade de Atenas. O gran impulsor deste programa urbanístico foi
Pericles, estrategos da cidade, que costeou as obras grazas ó tesouro da Liga
de Delos. O obxectivo de Pericles era que esta acrópole servira para conmemorar
a vitoria sobre os Persas e darlle grazas a Deusa Palas Atenea pola súa protección
e respaldo na guerra; pero sobre todo como parte dun programa político que
reforzará a súa propia posición dentro de Atenas e engrandecer a propia Polis.
O obxectivo de Pericles era facer o templo máis fermoso e grandioso de todo o
mundo grego, servindo o mesmo templo de emblema da cidade de Atenas, ratificando
a posición de Atenas como a principal Polis do Mundo Helénico. Para potenciar esta
grandiosidade, non so potenciou a reconstrución do antigo tempo, senón que se
organizou todo un programa urbanístico, coa construción de toda unha serie de
edificios (o Erecteion, templo de Atenea Nike, etc.), pero destacou especialmente
a construción dunha entrada monumental, coñecido co nome de Propileos.
O programa arquitectónico
foi encomendado a Fidias, que organizou gran parte do programa, aínda que se
centrou no programa escultórico. No caso concreto do Partenón o elemento
arquitectónico foi encomendado a Ictinos e Calícrates, mentres que Fidias
encargouse da elaboración do programa escultórico da obra. Na elaboración do
edificio non se reparou en gastos, e todo o edificio foi realizado en mármore
branco procedente do Monte Pantélico, un dos mármores máis valiosos da zona
pola súa calidade. As obras do Partenón foron realizadas entre o 447 e o 432 a.
C., aínda que todo o programa ideado para a Acrópoles por Pericles e Fidias,
non se puido completar.
A evolución do edificio variou
o longo do tempo, pasando a ser unha igrexa cristiá (ortodoxa e latina), e unha
mesquita musulmá despois da conquista por parte do Imperio Otomán.
Desafortunadamente no ano 1687 foi usado como almacén de pólvora durante o
Asedio Veneciano (Guerra entre o Imperio Otomán e os Venecianos), onde acabou
estoupando por motivo dun canonazo. Ata ese momento a conservación do templo
era bastante boa, pero isto foi un dos detonantes do actual estado do edificio.
Outro dos elementos que propiciaron a destrución do tempo foi a labor do
embaixador británico en Constantinopla Lord Elgin, que conseguiu o permiso do
Sultán para retirar a maior parte das esculturas. Estas foron trasladas a
Londres e instaladas no Museo Británico. Conseguiu axenciarse a maior parte das
esculturas que sobreviviron do frontón, das métopas e do friso. O obxectivo do
embaixador era protexer a esculturas do espolio e permitir unha mellor
conservación. Motivo polo cal o Museo Británico segue conservando na
actualidade estas esculturas.
O Partenón sintetiza as
características fundamentais da arquitectura grega pola adecuación entre a
forma arquitectónica e a súa función e pola simplicidade das formas. Esta é
unha arquitectura cunha alta calidade técnica e co dominio dos tratamentos dos
diferentes materiais. Os gregos valoran a proporcionalidade e isto é un bo
exemplo do que acontece no Partenón , onde tódalas súas partes están proporcionadas
e medidas con precisión. O templo foi deseñado para ser visto dende a súa diagonal,
pero o mesmo tempo para que o espectador o rodase e o vese por tódolos seus
lados. Foi situado na zona máis alta da meseta da acrópole para que se puidese
admirar dende calquera punto da acrópole, e incluso dende a maior parte da
Polis de Atenas. Parece que sexa máis que unha obra arquitectónica, chegando a
verse dende lonxe como unha escultura dun gran museo o aire libre.
O templo, como é normal dentro
do mundo Grego, non foi feito para servir como lugar de culto, senón como un
lugar sagrado, onde se conserva a imaxe da divindade, así como de almacén para
gardar as ofrendas e os tesouros da divindade.
O Partenón é un templo dórico,
que mostra unha planta rectangular, que se divide en catro estancias: pronaos,
naos, opistodomos e adyton.
A Naos ou Cella e a estancia
principal, onde se conservaba a estatua criselefantina de Palas Atenea
realizada por Fidias. Esta naos estaba dividida en tres naves separadas por
columnas dóricas colocadas en dous niveis, que rodeaban a estatua criselefantina.
A esta estancia accedíase polo Pronaos, colocado na entrada
principal.
No caso do Adyton
ou Partenos era unha sala dividida en tres naves por dúas filas de columnas
xónicas. Isto non é o modelo clásico dos templos gregos, pero en cambio é moi
habitual que nun mesmo templo aparezan columnas dentro dun mesmo edificio.
Neste caso e para soster o teito e non recargar a estancia con dúas fileiras de
columnas, como acontece na Naos. As columnas xónicas son máis alta, e iso non
fai necesario que se necesite dúas fileiras. Nesta estancia atopamos un lugar
onde se gardaban as ofrendas a divindade e o seu tesouro.
Este templo dórico, pese a ten pequenas variantes, considerase
como un dos modelos ideais, e un modelo a seguir polos sucesivos arquitectos. O
templo asentase sobre un Krepidoma, dividido en: estilóbata, composta polo
chanzo superior, onde se asentan as columnas; e a estereóbata, formado por dous
chanzos inferiores.
O templo ademais pode
definirse como octástilo, presenta oito columnas no seu lado menor, mentres
que no seu lado maior ten 17 columnas. Isto é unha constante nos templos gregos,
onde se establece unha proporción de o dobre máis un no lado maior. O mesmo
tempo, podemos definir o templo como períptero (existe un sistema de
columnas que rodea todo o templo) e anfriprostilo (xa que posúe un
pórtico simétrico en cada un dos seus lados menores).
Por riba dese Krepidoma
colócanse as columnas dóricas, sobre o cal se coloca un entaboamento dórico,
composto por un arquitrabe liso. Sobre este arquitrabe colocase un friso
dividido en tríglifos e métopas con diferentes temas, que analizaremos máis
tarde. Por riba presentase unha cornixa, que da acceso a uns frontóns nos lados
menores. Pero unha das peculiaridades deste edificio é que atopamos un friso
xónico no interior do perístilo. Este friso percorre o muro exterior dos muros
do Pronaos, Naos, Adyton e Opistodomos. Neste caso este presenta un friso
corrido cun alto relevo no que describe a procesión das Panateneas, do que
falaremos máis tarde máis polo miúdo.
Seguindo coa arquitectura
vemos como o edificio presenta toda unha serie de axustes ou adaptacións ópticas
para corrixir as deformación producidas polo ollo humano. Isto é un intento de
achegarse a perfección de beleza ideal dentro da arquitectura. O ollo humano
deforma a realidade das liñas rectas, cousa que debe ir en contra do ideal de
perfección. Por iso os gregos atoparon unha solución moi sinxela, na súa
teoría, pero moi complexa na súa realización. Este sistema leva a que todo o
edifico presenta un lixeiro abovedamento ou sutil curvatura que o ollo humano
identifica como unha recta. Aínda que podemos ver os seguintes puntos:
•
O
fuste da columna presenta un lixeiro abovedamento (éntase) na súa parte
central.
•
Maior
grosor e separación das columnas laterais na fachada.
•
Unha
lixeira curvatura de tódolos elementos horizontais, incluíndo a estilóbata e a
estereóbata.
•
Lixeira
inclinación das columnas cara o interior do edificio.
Este edificio constrúese con
sillares, que son encaixados por un sistema de grampas moi sinxelo. Isto fai innecesario
o uso de argamasa para fixar os sillares. Estas grampas , en realidades son abrazadeiras
en forma de “T” dobre, que permiten fixar os sillares a medida que se vai
construíndo o edificio, e quedaban ocultas a visión do espectador unha vez
finalizado o edificio.
O complexo escultórico.
No ámbito escultórico a
principal labor foi levada a cabo por Fidias, que organizou un complexo e
maxestosos programa dividido entre un gran número de escultores ó seu cargo.
Fidias é considerado tradicionalmente como o paradigma do Clasicismo, tanto
pola súa actividade como escultor, pintor, orfebre, arquitecto ou director das
obras de restauración da Acrópole. Foi un dos grandes artistas que configura o
ideal de beleza, o crear un mundo de representación plásticas perfectas e cheas
de equilibrio expresivo.
Tradicionalmente considerase
que non conservamos, propiamente dito, unha obra de Fidias, xa que el non
realizou exactamente ningunha das obras que conservamos do Partenón. El foi
máis ben o encargado de confeccionar o programa iconográfico e a organización
dos traballadores. Pese o cal podemos dicir, que todas teñen parte del.
Formalmente as esculturas conservan unha imaxinación plástica sen par. As
figuras masculinas semellan auténticos seres humanos espidos; mentres que as
figuras femininas, grazas a habilidade para confeccionar as roupas, mostran un
gran realismo e amplitude grazas a “técnica dos panos mollados”, que fan
resaltar a figura humana. Isto permitiulle acentuar aínda máis esa
naturalidade. Esta técnica consiste na confección dunha escultura onde os panos
ou roupas estaban pegados os corpos, dando a sensación de que a roupa esta
mollada e pegase a pel, transmitíndonos os volumes do corpo humano.
Sen ningún lugar a dubida
a gran obra do Partenón era a grandiosa escultura criselefantina de Palas
Atenea que se atopaba na Naos. Esta era unha estatua grandiosa, que tería
arredor de 12 metros de altura (cun pedestal de metro e medio). Esta estatua
estaba realizada cun armazón interior de madeira, sobre o que se colocaban unha
estrutura de marfil para representar os elementos humanos e outra de outro para
representar as roupas e armas da divindade. Desgraciadamente non se conserva
nada dela, salvo algunhas representacións en moedas ou pequenas imitación
antigas dun tamaño máis pequeno.
Os Frontóns.
O conxunto escultórico mellor
conservado correspondese coas esculturas que se atopaban nos frontóns, e que
agora conservamos no Museo Británico. Das 40 esculturas que orixinalmente
estaban colocadas nos frontóns apenas conservamos 11 (e desas so dúas se atopan
in situ). Estes frontón componse de dúas escenas principais:
1.
No
Frontón Leste (entrada principal do edificio) atopábase o “Nacemento da
Deusa Atenea”.
Neste frontón representase un
homenaxe a divindade e nela reprodúcese o nacemento de Atenea dende a cabeza de
Zeus, ante a presenza dos principais deuses do panteón helénico. Fidias
transmite nesta escena unha estética grandiosa e gloriosa, na que a esquerda
comeza coa irrupción do carro de Helios, personificación do sol saíndo; mentres
que na dereita vemos como se representa a Selene, personificación da lúa, que
se oculta en Océano. No medio atopamos a representación da asemblea de deuses
que presencian o acontecemento, e unha representación alegórica do pobo de
Atenas.
No lado esquerdo, o lado da
figura de Helios, aparece representado unha figura masculina tendida sobre unha
tea e unha pel, que se identifica con Dioniso. Este home espido ten a mirada
perdida cara Helios, e ten unha mirada absorta. Dentro de esta figura hai un
gran naturalismo e unha concepción moi filosófica sobre a divindade. Dioniso é
unha divindade acostumada a vida nocturna e a trasnoitar, por iso o programa
intenta plasmalo dentro desa orbita de pensamento: como unha figura que percibe
relaxadamente o solpor como o fin dunha etapa.
Algo similar atopamos no lado
dereito coa figura que aparece recostada e mirando a Selene. Neste caso é
Afrodita, a deusa da beleza e do amor. Pese a que a escultura na actualidade
carece de cabeza, debido o paso do tempo, podemos facernos cargo da súa beleza.
No caso de Afrodita vemos como espera co calma a chegada da noite para
desenvolver a súa labor amorosa. Unha das peculiaridades desta figura é que se
atopa recostada sobre Artemisa, que viste un Chitón, que deixa o aire un peito,
e coas pernas cubertas por un magnifico manto. O lado destas dúas figura
aparece Leto (nai de Artemisa e Apolo), e o outro lado de Leto a figura de
Apolo.
No lado oposto atopamos outro
grupo de figuras femininas, nas que aparecen representadas Deméter e Koré, que
comentan alegremente as noticias que traídas por Iris. A figura de Iris
representa un dos grandes incentivos desta composición, xa que presenta unha
gran orixinalidade e valentía na composición e da técnica. Iris aparece cun
manto despregado ás súas costas, que se representa como unha vela. Iso obrigou
a que escultura estivera sobre un plinto, e reforzada con grampas e varas de
suxeición. Pero a posición e a postura da escultura ofrece un incipiente
movemento a figura e una beleza sen igual.
O resto do frontón esta
desafortunadamente desaparecido pola destrución ocasionada polo home e os elementos.
Suponse, polas referencias clásicas, e por certos achadegos nos restos do museo
de Atenas, que a figura de Zeus estaba entronizado e de fronte cara o
espectador. O seu lado estaría a deusa Atenea, saíndo despois do seu nacemento.
Ningunha das figuras estaría situada exactamente no centro do frontón, rompendo
así un dos conceptos de simetría, pero isto é unha suposición, xa que non
existen probas claras. O lado de Zeus tamén aparecería Hera. Especulase coa existencia
de Poseidón e Hades, pero non se pode demostrar completamente.
2.
No
Frontón Oeste a “Loita entre Atenea e Poseidón por ser o Patrón e
Protector de Atenas”.
Este reflexa unha escena
mitolóxica segundo a cal Atenea e Poseidón dispútanse o privilexio de ser o
dono e protector da Ática. Segundo esta lenda mitolóxica Atenea decidiu ofrecer
a Ática unha oliveira, mentres que Poseidón ofreceu un cabalo ou un manancial
de auga salgada (segundo as diferentes lendas). A decisión foi tomada por tomada
por a asemblea de deuses. Tras unha complicada decisión foi elixida Atenea, que
se converteu na protectora e matrona de Atenas.
O grupo central da composición
esta formado por un esquema en “V”, moi propio dos esquemas clásicos deste
período, que intenta acentuar o dinamismo da composición. O lado das figuras
principais, Atenea e Poseidón, colócanse os seus carros e os seus aurigas e
acompañantes. O lado de Atenea a primeira figura que aparece e Hermes, mentres
que con Poseidón aparecen Anfitrie e Iris.
O resto de figuras son máis difíciles de interpretar, supoñendo que eran
Daimóns, Xenios e personaxes míticos da Ática (Kreops, Erecteo, Herse, Aglauro
e Pandros).
Novamente a figura máis
salientable volve a ser a de Iris, que no seu torso aparece desenvolve un gran
volume, potenciado pola técnica dos panos mollados de Fidias. A figura de Iris
na que o vento pega na roupa, deixando translucir as súas características
anatómicas.
Existe o mesmo tempo a
personificación do río Ilissos, que aparece representado como un home espido, reclinado
sobre o chan, a punto de xirar sobre si mesmo, apoiándose no brazo esquerdo.
Esta é unha das figuras que se coloca nos vértices do frontón, e que enche o
oco, cunha posición forzada.
As Métopas.
No caso das métopas atopamos
unha situación de relatos de loitas mitolóxicas o longo de 92 métopas: Centauromaquia
(no lado Sur), Guerra de Troia (no lado Norte), Amazonomaquia (no lado Oeste) e
Xigantomaquia (no lado Leste). As métopas son representación realizadas dentro
do friso exterior do edificio, nelas aparecen representacións escultóricas en
alto relevo, que se van intercalando no friso entre tríglifos. Igual que pasa
co resto dos elementos escultóricos do edificio presenta unha desigual calidade
segundo a métopa, xa que cada unha é realizada por un escultor especifico.
Moitas delas representan unha gran técnica e fermosura, pero noutras vese un
trazo escultórico moito máis sinxelo. Incluso cada un dos temas escultóricos
carecen de unidade de calidade. Desafortunadamente conservamos poucas das
métopas, co cal non podemos facernos unha idea clara do conxunto escultórico,
pero os textos que conservamos sobre os comentarios destas amosan unha gran
calidade e beleza.
No caso da temática podemos ver os seguintes
temas:
1.
Xigantomaquia. Este é un feito mitolóxico que ven como
consecuencia da Titanomaquia, loita entre os Deuses e os Titáns. Despois da
vitoria de Zeus sobre os Titáns, que foron encarcerados no Tártaro. Isto
cabreou a Gaia, avoa de Zeus e nai dos Titáns. Motivo polo que crea os Xigantes
(24 segundo as tradicións máis habituais), para enfrontarse a Zeus e liberar os
Titáns. Segundo a predición dun oráculo, os deuses non poderían derrotar os
xigantes, nin matalos, sen a axuda dun mortal do lado dos Deuses Olímpicos.
Motivo polo cal Zeus buscou a axuda de Heracles, que consegue pola
intermediación de Atenea. A vitoria dos deuses olímpicos conclúe a historia.
2.
Centauromaquia. A loita entre Lápitas e Centauros é outros dos
episodios míticos que se representa no Friso. Os centauros son unhas criaturas
mitolóxicas, que posuían o corpo dun cabalo e o torso e cabeza dun ser humano.
Eran criaturas que vivían en Tesalia. Estes eran considerados na maioría das
ocasións como criaturas sen leis, que non coñecían a hospitalidade e salvaxes de
por si. O seu conflito cos Lápitas foi como consecuencia do rapto de Hipodamia
na súa voda con Pirintoo, rei dos Lápitas. A loita entre estes dous grupos
decantase polo lado dos Lápitas, grazas a intervención de Teseo polo seu lado.
3.
Guerra de Troia. O feito da Guerra de Troia simboliza un dos
episodios mitolóxicos máis coñecidos. Nel relatase a loita entre os aqueos (os
gregos) e os troianos (habitantes dunha cidade oriental) relatada por Homero. O
acontecemento de esta guerra veu como consecuencia da rapto de Helena, esposa
de Menelao, que marchara con París (Príncipe de Troia). Isto levou a unha longa
guerra que duraría máis de dez anos, onde Menelao contou co auxilio de todo o
pobo dos aqueos. A historia narra un fabulo viaxe ata Troia, e un asedio que
durou por máis de dez anos. So se conseguiu a vitoria tras unha estrataxema
organizada por Odiseo, creando o famosos “cabalo de Troia”, que permitiu os
aqueos entrar na cidade e que acabou coa destrución de Troia.
4.
Amazonomaquia. As amazonas son na mitoloxía grega un pobo mítico
rexido por mulleres guerreiras. Era un pobo que vivía máis aló dos pobos
escitas (na Península de Anatolia). Elas representaban unha sociedade allea a
tódolos principios básicos da sociedade grega: negábaselle os homes residir nos
seu reino, as mulleres rexían a sociedade e eran guerreiras e cazadoras,
realizaban expedicións militares contra os pobos gregos, etc. Estas aparecen
representadas en moitas das loitas que levaron a cabo os grandes heroes mitolóxicos
gregos (Heracles, Teseo, Aquiles, etc.) e incluso participaron na loita da
Guerra de Troia.
Pese a que cada unha das
representación temáticas son diferentes, teñen un lazo de cohesión interna
entre todas. Todos estes temas representan simbolicamente a loita entre os
gregos e os persas, que se deu durante as Guerras Médicas. O Persas son o
símbolo do salvaxismo, da barbarie e do mundo oposto a razón dos gregos, e os
gregos son os pobos civilizados que simbolizan a orde e o equilibrio. Son os
gregos os que vencen, debido a que eles responden a un espírito de liberdade e
os principios da Polis. Os persas son representados como as amazonas, os
xigantes, os troianos e os centauros.
O Friso Xónico.
O friso xónico posúe unha lonxitude de 160 metros, e esta esculpida nunha banda de 1,05 metros. A escultura é un baixo relevo de gran calidade estética e compositiva. Este friso representa dunha maneira maxestosa unha representación da procesión das Panateneas de Atenas, onde todo o pobo de Atenas conmemora unha festividade a súa deusa matrona e protectora. Existen dúas modalidade de celebración das Panateneas, una realizada cada catro anos onde toda a cidade celebra unha das grandes festividades de toda a Hélade, onde se celebran xogos, toda unha serie de sacrificios e celebracións rituais; pero onde destaca especialmente a procesión, na que se lle entrega a deusa un “peplo” (un vestido longo sen mangas e con pregues escalonados). Logo hai a celebración das Panateneas anuais, onde a celebración e de menor custo e proporción. A cerimonia da procesión para a entrega do peplo era realizado o 28 de Xullo.
No caso deste friso,
representase a celebración das grandes Panateneas, e relata pormenorizadamente
as partes nas que se pode representar esta cerimonia. O centro da cerimonia era
a entrega do Peplo por parte das Canéforas (mozas virxes atenienses que ían a
pedirlle permiso a Atenea para o seu matrimonio), que elas mesmas confeccionaran
durante ese ano. Estas acostumaban ser as fillas das familias máis prominentes
de Atenas, e a súa participación indicaba un gran honor para a súa propia
familia. A procesión realizaba un viaxe entre o centro da agora de Atenas ata a
Acrópole. Ademais na cerimonia participaba toda unha serie de personalidades da
cidade entre os que nos atopamos: sacerdotes, anciáns portando ramas de oliveira,
hoplitas vestidos coa súa armadura, os vencedores dos xogos, os embaixadores
das principais colonias atenienses, as principais figuras da cidade e, nunha
posición subordinada, os grandes metecos. O mesmo tempo na cerimonia aparecen
toda unha serie de animais destinados o sacrificio.
Fidias realizou unha
representación con gran exactitude da cerimonia, que era realizada durante a
realización do friso (447-438 a. C.). A procesión iniciase na fachada
occidental e avanza en dúas fileiras polas fachadas Norte e Sur, para rematar
na fachada oriental, onde se representa unha asemblea de deuses que admiran os
sacrificios realizados a Atenea polos atenienses.
Na fachada occidental atopamos
unha representación dos preparativos para a cerimonia, onde podemos ver as
diferentes figuras preparanse para a realización da procesión: as mulleres se
arranxan, os animais son preparados para o sacrificio, etc. Polos lados Norte e
Sur aparecen os cabalos en formación, seguidos polos carros e os hoplitas. Por
diante se dispoñen as persoas que van a pe: os anciáns con ramas de oliveira,
os músicos, os mozos con vituallas, etc. Encabezando esta comitiva atopamos as
portadoras do Peplo e os sacerdotes. Na zona oriental aparece a Asemblea de
Deuses, na que destaca Atenea recibindo o Peplo e os sacrificios que lle da a
cidade de Atenas.
A calidade do relevo é
excepcional, pese a que foi ideado para ser colocado na zona peor iluminada e
máis alta do templo. Para conseguir que os espectadores teñan a mellor visión,
os bloques do friso estaban colocadas cunha lixeira inclinación cara fora.
Como en todo elemento
escultórico deste edificio, a estrutura do friso presenta diferentes calidade,
debida a que foi realizado por diferentes artistas, o que condiciona diferenzas
estilísticas. Pero aínda así, pode verse certa cohesión e organización na
elaboración do friso, para que non perda coherencia. Isto vese perfectamente na
disposición das figuras en diferentes actitudes, en ocasións contrapostas
rompen a posible monotonía do desfile. Ademais usa escenas cotiáns para
reforzar un pouco o naturalismo.
* * *
Ningún comentario:
Publicar un comentario