Identificación.
Título: Discóbolo.
Autor: Mirón (490 a 440 a. c.)
Tipoloxía: Escultura.
Cronoloxía da Obra: 460 a 450 a. c.
Localización: Museo Nacional Romano de Terme (Roma).
Cultura: Antiga Grecia.
Período: Clasicismo Inicial (Século V a. c.).
Análise Formal.
Temática. Representación dun atleta que esta representado o momento previo do
lanzamento de disco.
Material: Orixinal realizado en Bronce, por medio dun proceso de fundición. Aínda que
agora so atopamos copias romanas realizadas en mármore.
Dimensións: 1, 50 m. de altura.
Características.
Mirón intentou plasmar o dinamismo nesta
escultura: elixindo a representación dun momento de tensión, que o mesmo tempo
presenta certo equilibro. “O Discóbolo”
representa exactamente o momento previo
ó lanzamento do Disco por parte dun atleta, pero o mesmo tempo intenta a
representación dun movemento contido, que é previo a explosión de forza física
dun mozo novo. O artista intenta representar máis a impresión dese movemento,
que un feito realista. Mirón pretende transmitir unha sensación de movemento,
máis que representar a postura realista dun lanzador de Disco.
Un dos elementos
que definen a súa obra, e o afastamento dos ideais dos Kouroi da época arcaica.
Isto vese nin intento de romper con hieratismo típico do mundo arcaico, que se
logra mediante unha nova posición das figura que se arreda da posición frontal
dos Kouroi, cos brazos pegados o corpo e cos puños pechados, o pe adiantado e o
sorriso arcaico. No caso do “Discóbolo” percíbese unha posición
nova, unha mobilidade nos brazos e un rostro inexpresivo. O mesmo tempo
presenta un maior realismo o non ter uns ollos amendoados, como si é
característico nos Kouroi.
Pero iso non
significa que abandone os principios como a simetría, esta é representada dunha
nova forma. O corpo do atleta é simétrico e proporcionado, intentando achegarse
a harmonía propia dos gregos. Esta simetría analizase mediante a composición do
corpo por medio de triángulos e curvas que forman o movemento da figura. A
figura esta composta a base dun xogo de triángulos e curvas, que lle outorgan
movemento e equilibrio.
No caso dos
triángulos podemos ver como a composición pode dividirse en pequenas porcións
triangulares, que descompoñen toda a figura. Esta o mesmo tempo, permite
configurar unha forma en zigzag que acentúa o movemento da figura.
Pero o mesmo
tempo, percíbense dúas curvas: a primeira, esta rexida por unha liña que comeza
no xeonllo flexionado, continua polo brazo esquerdo e os ombreiros ata o disco;
a segunda, formada pola cabeza e o tronco e continua ata o pe de apoio.
A combinación de
estas dúas formas, triangulares e curvas, crea unha sensación de movemento e
axitación, que permite ver unha elipse dente a zona superior.
A representación
anatómica progresou de forma considerable dende a época arcaica, xa que agora
alcanza un maior realismo. Pero, aínda que Mirón realizou un importante estudio
anatómico, non é realista. El segue os principios manifestados polos artistas
gregos, xa que toda esta anatomía presenta un alto grao de idealización. Non
pretende representar un corpo real, senón un corpo perfecto e idealizado. Isto vese
claramente na posición dos músculos, que aparecen dentro desta figura: moitos
dos cales aparecen en tensión, non deberían estalo nesta posición. O que
pretende representar o autor é un atleta moi novo na súa fase de máximo esplendor
físico, ilustrando o ideal do home atlético.
Esta obra supuxo
un avance decisivo na escultura, vendo un novo estado de movemento e da tensión
muscular na integración da escultura no espazo. Pese o cal iso non impide o
mantemento do concepto de frontalidade, xa que se da prioridade a visión desde
un punto de vista.
Pode asimilarse
unha certa influencia da arte exipcia, xa que a figura presenta o peito para
ser visto de fronte, mentres que os brazos e pernas son amosados de perfil.
“O Discóbolo”
orixinal foi perdido o longa da historia, como moitos das obras clásicas, e
lamentablemente só conservamos copias romanas. A obra orixinal era de bronce
fundido, técnica que lle permite a Mirón elaborar figuras en posicións de
difícil equilibrio. Isto obrigou as copias romanas en mármore a engadirlle
soportes para evitar a súa caída.
Ningún comentario:
Publicar un comentario