Identificación.
Título: Venus de Gnido ou Afrodita de Gnido.
Autor: Praxíteles.
Tipoloxía: Escultura.
Cronoloxía da Obra: 350 a 340 a. c.
Localización: Museos Vaticanos.
Cultura: Grecia Antiga.
Período: Período Posclasicismo.
Análise Formal.
Temática: Representación dunha divindade, Afrodita, saíndo do Baño.
Material: Mármore.
Dimensións: 1,90 metros.
Características.
Praxiteles é un artista
refinado é sutil na elaboración das súas obras. Na que se ve unha clara
influencia de Fidias nas forma de expresar as súas formas e na súa temática
olímpica (principalmente mitolóxica) e das representacións atléticas. Pero o
tratamento do mármore, propio de Praxíteles,
fai que as figuras se humanicen e gañen en graza e elegancia. As obras
de Praxítles son concibidas cun alto grao de hedonismo e, o mesmo tempo, na
función de servizo ó culto relixioso. Ese hedonismo percíbese en que os seus
deuses adoptan actitudes indolentes e os seus corpos describen curvas suaves,
pero tamén na actitude da figura, especialmente na representación feminina: xa
que é a primeira ocasión na que a muller aparece representada de forma espida.
No caso da representación masculina ese hedonismo percíbese máis pola posición
da figura e a forma que describe o seu corpo. Esta completase cun tratamento
psicolóxico, a través dunha expresión melancólica, graciosa e, en certa medida, indolente. Todo
isto potenciase co usa dunha mirada perdida: na que o personaxe principal ou central sempre mira a algo ou alguén, que
nos descoñecemos.
A voluptuosidade
desas figuras danlle un alto grao de sensualidade. Plasticamente son figuras
que aman os corpos xuvenís e as posturas lánguidas, que contribúe a delicadeza
coa que esculpe os músculos, resaltado polo tratamento de cera e os pintores
como Niceas, que completan a estatua. Todos estes elementos acentúan o concepto
de idealización propio da cultura grega.
Esta tendencia
cara o hedonismo é acentuada cunha das invención de Praxiteles: a
curva praxíteliana, na que o corpo forma unha suave “S”.O corpo
arquease lixeiramente e apoiase en algo
exterior a figura, debendo dobrar unha perna para apoiarse fortemente na outra,
o que determina un saínte na cadeira. Esta curva permítelle potenciar. Outra
das características de Praxíteles é o alongamento do Canon creado por
Policleto, conseguindo que as figuras gañen en unha representación máis
esvelta.
Esta escultura destaca primordialmente, non pola representación do seu tema, que é a representación de Afrodita saíndo do baño, senón porque é a primeira ocasión na que se representou a figura feminina desnuda. Isto é toda unha innovación dentro da mentalidade grega, e da que foi precursor Praxíteles, ningún outro artísta se atreveu antes a facelo, pero tras el toda unha serie de escultores continuaran isto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario