Identificación.
Título: O Doriforo ou O portador da lanza.
Autor: Policleto.
Tipoloxía: Escultura orixinal en Bronce, copia romana en
mármore.
Cronoloxía da Obra: 450-440 a. c.
Localización: Museo Nacional de Nápoles.
Cultura: Grecia Antiga.
Período: Clasicismo Pleno.
Análise Formal.
Temática: Representación da figura dun atleta que porta unha lanza.
Material: Orixinal en bronce e copia romana en mármore.
Dimensións: 1.99 m.
Características.

“O Doriforo” representa a un home, na
súa época de esplendor físico, representado espido, como é normal dentro da
escultura grega. A obra é considerada como unha das obras de plenitude do mundo
clásico, pese o cal sigue mantendo certos elementos de arcaísmo. Un deses
primeiros elementos é que en realidade abandona a lei da frontalidade arcaica,
segue mantendo unha posición que a favorece xa que a escultura esta feita para
ser vista de fronte. Isto vese na existencia dun claro eixo vertical, pero
Policleto intentou romper ese eixo contrapoñendo as partes do corpo dese eixo. Ambos lados da escultura presenta características
diferentes, pero a cadansúa parte ofrece harmonía e beleza.Mentres o lado
dereito da figura ofrece unha sensación de repouso, grazas a continuidade desa
liña vertical, que vai dende a perna que soporta o peso da figura ata o brazo
en posición relaxada. En cambio no lado esquerdo presenta o movemento
potenciado polo brazo flexionado e a perna retrasada.
A representación da
figura, recorda moito a postura dos Kouroi (aínda que o movemento é moito máis
realistas). Adianta unha das pernas, mentres que a segunda permanece retrasada.
Pero o mesmo tempo, presenta unha clara alteración do esquema
convencional que se daba nos Kouroi. A posición dos
brazos é o primeiro elemento que rompe co esquema do Kouros.

O contraste por un lado
do torso contraído e polo outro do estendido da ó corpo un aspecto de dinámico
equilibrio moi diferente á simetría estática dos kuroi, cuios lados dereito e
esquerdo son basicamente reflexos exactos dun no outro. A alternancia dos
membros tensos e relaxados combinada cun torso amoldable denominase contrapposto. E un
recurso que foi utilizado en moitas ocasións ó longo da historia del arte, por
ser tan útil para infundir un sentido de vitalidade as figuras feitas de pedra,
de bronce ou ben pintadas. A inclinación cara a dereita da cabeza do Doríforo
dálle o toque final á estatua; describe unha suave curva en forma de
"S" invertida, sistema moi apreciado no período gótico e utilizado
para conferir harmonía ás estatuas da Virxe. Dita inclinación mellora o perfil
da estatua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario