domingo, 1 de xullo de 2012

A arte da carteleria publicitaria.

No que chamamos arte, atopamos moitas cousas, que se alonxan exactamente do criterios de obra de arte tradicional. Entre as obras de arte tradicional consideramos a arquitectura (edificios públicos, templos relixiosos, pazos, etc.), a pintura (representada polos lenzos, taboas, frescos, etc.) e a escultura en pedra ou metal.
Pero dende comezos do século XX comezaron a evolucionar o concepto das obras de arte. Unha desas cousas, que comezaron a analizarse como obras de arte, foi a carteleria. Esta colleu puxanza durante Guerra Civil Española, onde os carteis en favor dun ou doutro bando eran feitos por artistas de renome.
Isto deu paso a valoración dos posters e carteis, como algo máis que meros obxetos publicitarios. Dentro de esta visión, e na que se valoran os obxectos relacionados co cine, parece salientable mencionar este artigo do periodico.
Como debedes saber.... ou deberíades a partires de agora, para min o cine é unha das maiores representacións artísticas do século XX, e entre elas podemos encontrar moitas cousas. O arte é para disfrutar e entreter... e creo que o cine cumple isto, con tódalas da lei.
Quizais, moitos de vos non coñezades esta película, pero foi unhas das primeiras películas de ciencia ficción, e un descubrimento sorprendente para a súa epoca. Se podedes, votadelle unha ollada.