xoves, 10 de xaneiro de 2013

Imaxes do Mosteiro de Oseira.

Na seguinte entrada aparecen un pequeno comentario sobre a igrexa e Mosteiro de Oseira e toda unha serie de fotos do complexo. 

O mosteiro de Oseira (concello de Cea, na provincia de Ourense) foi fundado polos beneditinos en 1137, adheríndose á orde cisterciense poucos anos despois. San Bernardo mandou desde Claraval a un grupo de monxes para instruír na nova regra ós fundadores, cara a 1140. O mosteiro de Oseira foi fundado polos beneditinos en 1137, adheríndose á orde cisterciense poucos anos despois. San Bernardo mandou desde Claraval a un grupo de monxes para instruír na nova regra ós fundadores, cara a 1140. 

Foi considerado, como unha das obras máis representativas da arquitectura galega da Baixa Idade Media, sendo considerado como unha das mellores obras arquitectónicas galegas e peninsulares.O mosteiro levantouse nos séculos XII e XIII, e o templo seguindo o modelo da Catedral de Santiago con deambulatorio na cabeceira, así como a tipoloxía da orde, con nave central abovedada en canón, sen triforio e decoración moi elemental con capiteis xeométridos. 
Destaca especialmente a igrexa, da que temos que facer detalle debido a que é unha das laminas de referencia de Selectividade. Esta igrexa é un claro exemplo de estilo cisterciense en Galicia, e como unha clara transición dende o Románico cara o Gótico. A igrexa abacial, foi construída entre os anos 1200 e 1239 (aproximadamente) e é considerada unha das obras cume da arquitectura cisterciense da Península Ibérica, cun característico estilo románico oxival, e está claramente influenciada polas igrexas de peregrinación. 
A igrexa presenta unha planta en cruz latina, pero na que o brazo menor apenas sobresae da planta. O brazo maior presenta tres naves, mentres que no brazo menor so presenta unha nave. A nave central é máis alta e máis ancha, que as laterais, pero presenta unha peculiaridade: ata o cruceiro presenta unha bóveda de canón apuntada e despois do cruceiro presenta unha sección cuberta de bóvedas de cruzaría.Esta culmina sobre a ábsida cunha bóveda de cuarto de esfera estrelada. Mentres que no brazo menor, presenta unha bóveda de canón apuntada, salvo no sector do cruceiro. No caso das naves laterais presenta bóvedas de cruzaría,como se pode ver na planta so en determinadas seccións, e bóveda de canón apuntada no resto. Os pes da igrexa presenta unha pequena tribuna sostida por bóvedas estreladas, como se pode ver nas fotos, e que permite un espazo para a ampliación do aforo da igrexa. 
No centro do cruceiro se construíuse a finais do século XIII unha gran cúpula sobre nervios, apoiada en trompas, obra atribuída a un monxe chamado Fernán Martínez. As capelas do deambulatorio, sofren diversas reformas, conservándose só unha románica. 
Presenta unha carola rodeando a ábsida, cunha bóveda de cuarto de esfera, e que ten uns vans, limitados por unhas pequenas columnas, que nos permiten ver o altar. 
Toda a obra realizouse cunha lograda silleria, que lle aporta unha enorme calidade a todo o conxunto. 
A finais do século XV iniciouse a construción da actual sala capitular, con catro columnas centrais de fustes estriados e retorcidos, dos que arrincan feixes de nervios entrelazados por terceletes nunha caprichosa e orixinal bóveda.Esta é chamada como a "Sala das Palmeiras". 
No antigo refectorio do Mosteiro pode visitarse o Lapidarium ou Museo da Pedra, unha colección de obxectos e restos de pedra obtidos durante as restauracións feitas no Mosteiro e as escavacións arqueolóxicas: lápidas, capiteis, columnas, elementos decorativos, etc. 
Un incendio arruinou o mosteiro no século XVI, iniciándose unha longa restauración, na que se levantou o coro ós pés do templo, os claustros e a nova fachada barroca da igrexa coas dúas torres campanario, en 1647. O conxunto conta con tres claustros, o dos pináculos, o dos medallóns e o dos cabaleiros, que trala desamortización de Mendizabal en 1835, quedaron en estado ruinoso. O monumental conxunto empezouse a restaurar en 1930, ata os nosos días.
Mosteiro de Oseira

Ningún comentario:

Publicar un comentario