Identificación.
Título: Apoxiomenos.
Autor: Lisipo.
Tipoloxía: Escultura.
Cronoloxía da Obra: 325 a. c.
Localización: Museo Vaticano.
Cultura: Grecia Antiga.
Período: Clasicismo, no seu Período Final.
Análise Formal.
Temática: Representación dun atleta nunha postura de vida cotiá, na que se limpa a
area despois dunha competición.
Material: Mármore (en copia romana), do que posiblemente fora unha estatua en
Bronce
Dimensións: 2.05 m
Características.
O título
da obra é "o Apoxiomenos", atleta que se quita o aceite e o po
co estrígilo. Das máis de 1.500 estatuas que se lle atribúen, só coñecemos
con seguridade unha soa copia fiable, Apoxiomenos . Lisipo era de
Sición, famosa polos seus talleres broncistas e onde recibiu a influencia da
escola de Policleto. A súa obra realizaría entre o ano 360 e o 305. Foi tamén
coñecido por ser o escultor particular de Alexandro Magno. Esta é unha das máis
antigas e elocuente obras de Lisipo. Esta escultura representa o retrato ideal
dun atleta e magnate de Tesalia que viviu no s. V a. C., e cuio nome era Agias.
Esta obra foi un encargo de Dáoco, para honrar a súa familia. Esta foi unha
copia
en mármore, da época
romana (así o confirma a folla de parra que oculta os seus xenitais).
Lisipo movese
temáticamente no ámbito da tradición clásica: figuras humanas, erguidas e núas,
deuses e efebos, ximnastas, tipos hercúleos que recordan obviamente a
Policleto. Aporta maior naturalismo nas formas, aínda que moi
idealizadas. Recibe a influencia de Fidias co seu idealismo glorioso, de
Praxíteles coa súa mórbida sensualidade e de Escopas coa súa obsesión tráxica, converténdose
no mestre do naturalismo, elemento básico do futuro helenismo. Como innovación
ofrece o paso cara o helenismo coa desaparición das figuras en plano frontal.
Esta escultura non representa unha postura heroica,
tratase dunha representación na que o mundano imponse a o heróico
e o divino de autores anteriores. E unha obra realizada en mármore onde o
escultor arrinca deste material as súas características estéticas. A zona do cabelo
é a máis traballada. As texturas son pulidas conseguindo unhas calidades tecnicamente
moi correctas. Salvo en algunhas zonas máis musculadas, as formas non son moi rigorosas
producíndose unhas transicións suaves entre as distintas partes da súa
anatomía. Así, a luz esvara e os efectos de luces e sombras non serán moi
contrastados en liñas xerais.
Nesta obra aparecen
dous aspectos importantes e orixinais: a relación entre a obra e o espazo no que
se atopa é nova, a composición tamén comeza a selo.É unha obra realizada para
ser contemplada dende diversos ángulos ou puntos de vista (estereometría). A súa
composición varía a medida que damos a volta o seu redor.
O seu rostro é de fermosas
formas; o corpo flexible e nervioso, a cabeza más pequena e expresiva ten unha
sombra nos ollos. A cabeza cobra movemento, ó inclinarse cara a esquerda sobre
un pescozo torcido cara a dereita. O seus brazos, estendidos horizontalmente
ante o corpo, escondendo o torso, son unha proxección audaz ó espazo. En conxunto
proporciona
á figura unha nova
capacidade de movemento espontáneo tridimensional; igual liberdade suxire a liña
diagonal da súa perna dereita. A súa postura é insólita: ó utilizar un forzado
contraposto e ó estender os brazos cara diante, a estatua ocupa máis
profundidade que as predecesoras e proporciona unha gran variedade de
perspectivas. A súa mirada fixa nun punto arredado do horizonte incorpora ó
mármore o aire que lle rodea.
Prodúcese un
profundo cambio co pasado escultórico ó pasar do atleta triunfante ou en plena
acción ó que realiza acciones diarias como ocorre neste caso. Tamén notamos que,
e que, ademais, as proporciones do corpo alónganse, sumando un total de oito
cabezas.
Presenta un canon
máis alongado que os seus predecesores, atopando unha proporción de oito
cabezas. Isto permite estilizar moito máis a figura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario