Identificación.
Título: Hermes de Olimpia ou Hermes co neno Dionisos.
Autor: Praxíteles.
Tipoloxía: Escultura.
Cronoloxía da Obra: 350 a 340
a. c.
Localización: Museo de Olimpia.
Cultura: Grecia Antiga.
Período: Período Posclasicismo.
Análise Formal.
Temática: Representación da divindade na que aparecen os deuses Hermes e Dionisos,
representado como un neno.
Material: Mármore.
Dimensións: 2,15 metros.
Características.
Praxiteles é un artista
refinado é sutil na elaboración das súas obras. Na que se ve unha clara
influencia de Fidias nas forma de expresar as súas fomras e na súa temática
olímpica (principalmente mitolóxica) e das representacións atléticas. Pero o
tratamento do mármore, propio de Praxíteles, fai que as figuras se humanicen e gañen en graza
e elegancia. As obras de Praxítles son concibidas cun alto grao de hedonismo e,
o mesmo tempo, na función de servizo ó culto relixioso. Ese hedonismo percíbese
en que os seus deuses adoptan actitudes indolentes e os seus corpos describen
curvas suaves, pero tamén na actitude da figura, especialmente na
representación feminina: xa que é a primeira ocasión na que a muller aparece
representada de forma espida. No caso da representación masculina ese hedonismo
percíbese máis pola posición da figura e a forma que describe o seu corpo. Esta
completase cun tratamento psicolóxico, a través dunha expresión melancólica, graciosa e, en certa medida, indolente. Todo
isto potenciase co usa dunha mirada perdida: na que o personaxe principal ou central sempre mira a algo ou alguén, que
nos descoñecemos.
A voluptuosidade desas
figuras danlle un alto grao de sensualidade. Plasticamente son figuras que aman
os corpos xuvenís e as posturas lánguidas, que contribúe a delicadeza coa que
esculpe os músculos, resaltado polo tratamento de cera e os pintores como
Niceas, que completan a estatua. Todos estes elementos acentúan o concepto de
idealización propio da cultura grega.
Esta tendencia cara
o hedonismo é acentuada cunha das invención de Praxiteles: a curva praxíteliana, na
que o corpo forma unha suave “S”.O corpo arquease lixeiramente e apoiase en algo exterior a figura, debendo dobrar
unha perna para apoiarse fortemente na outra, o que determina un saínte na
cadeira. Esta curva permítelle potenciar. Outra das características de
Praxíteles é o alongamento do Canon creado por Policleto, conseguindo que as
figuras gañen en unha representación máis esvelta.
Esta escultura
representa unha escena mitolóxica sobre o nacemento e infancia de Dionisos. Dionisos
é fillo de Sémele –filla de Cadmo, rey de Tebas –e Zeus. Hera (muller de Zeus) tola
de xenreira pola relación do seu home con Sémele, trama unha serie de feitos
que propicien a morte da súa rival. Ela transfigurada na forma de Beróe,
nodriza de Sémele, intenta negarlle que sexa o verdadeiro Zeus o seu
pretendente. Hera maniféstalle, que Sémele lle pida a Zeus que se mostre na súa
máxima gloria para demostrar que é o seu poderío. Sémele confundida, accede a
petición de Hera, pídelle a Zeus iso: pero iso ten como consecuencia a morte da
propia Sémele. Nese mesmo momento Zeus, dándose conta de que Sémele porta a un
feto no seu ventre, sácao da súa nai antes de que morra e colócao na súa perna
ata que sexa o momento do parto. Motivo polo cal Dionisos, naceu en dúas
ocasións: unha sae do ventre da súa nai e na segunda da perna de seu pai. Sei, sinceramente
que a historia parece o máis surrealista que podedes escoitar, pero existen
toda unha chea de historias polo estilo dentro da mitoloxía grega, e por
suposto noutras culturas similares, que vos deixarían coa boca aberta. Por
certo, esta non é a única versión mitolóxica sobre o seu nacemento, pero é a
menos truculenta. Pero volvamos a historia de Dionisos. Os problemas con Hera
seguen presentes, e Zeus decide esconder a Dionisos pola súa propia protección,
e para iso entrégallo en custodia a Hermes, para que o poña nun lugar fora da
xenreira de Hera. Este preciso momento é o que nos conta Praxíteles. No enlace
que figura a continuación déixovos unha enlace sobre a historia mitolóxica
sobre Dionisos, para que a leades se vos apetece… aínda que é moi rara, son
peores as historias do seu pai. Mitoloxía Dionisos (mirade nacemento e
infancia).
Ningún comentario:
Publicar un comentario