venres, 20 de setembro de 2013
venres, 12 de xullo de 2013
Dali nun artigo de El País
De vez en cando a existencia de certos artigos especializados en autores, motivaba vela prensa con asiduidade. Neste caso temos un especial sobre Dali,no que vemos diferentes aspectos sobre a súa vida e obra. Votadelle unha ollada, se podedes.
Sueños y Pesadillas de Dali.
martes, 12 de marzo de 2013
Vantaxes da actualidade.
Hoxe en El País saíu unha noticia sobre o conclave, pero paréceme moito máis interesante o enlace que vos poño a continuación.
Nel podemos facer unha vista moi interesante da capela sixtina, pintada por Miguelanxo, o cal non se pode desperdiciar.
Debemos dar as gracias a El País, e sobre todo a Benedicto XVI, por darnos tanto xogo.
A Capela Sixtina.
No segundo enlace, non é tan interesante, pero si dende logo nos permite analizar o urbanismo de Roma e ver certos elementos do pensamento de Bernini, cando organizou a praza do Vaticano e os seus arredores.
Lugares do Vaticano.
sábado, 9 de marzo de 2013
Unha pequena versión do Gótico Mariñeiro.
O Gótico non é un dos estilos artísticos máis presentes en Galicia, pero sen duda hai pequenos exemplos espallados por todos lados. Na zona de Cambados, temos unha igrexa destruida no s. XVIII por un incendio, pero que aínda conserva varios dos elementos tradicionais do gótico.
Pareceme moi interesante a paxina publicada por Julio I. González Montañés sobre Santa Mariña do Dozo. Ten un interesante análise sobre a obra e os diferentes elementos da igrexa. Moi interesante.
xoves, 10 de xaneiro de 2013
Imaxes do Mosteiro de Oseira.
Na seguinte entrada aparecen un pequeno comentario sobre a igrexa e Mosteiro de Oseira e toda unha serie de fotos do complexo.
O mosteiro de Oseira (concello de Cea, na provincia de Ourense) foi fundado polos beneditinos en 1137, adheríndose á orde cisterciense poucos anos despois. San Bernardo mandou desde Claraval a un grupo de monxes para instruír na nova regra ós fundadores, cara a 1140. O mosteiro de Oseira foi fundado polos beneditinos en 1137, adheríndose á orde cisterciense poucos anos despois. San Bernardo mandou desde Claraval a un grupo de monxes para instruír na nova regra ós fundadores, cara a 1140.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)